Saída a Alcampo

Para preparar a nosa visita a Alcampo partimos dun suposto práctico que nos axuda a organizar a visita. Silvia, Luís e  Uxia compartían un piso;  Jenni e Érika compartían outro. Os dous pisos tiñan mobles pero faltaban a lavadora e a televisión. Fóra do piso, na terraza , tiñamos un xardín pero faltábanos un anciño, un curta-céspede,  regaderas, mangueira, pas e luvas.
No piso dentro do cuarto de baño faltaban unhas toallas e aparte, non tiñamos alimentos .
Fixemos unha lista da compra para comprar todo o que necesitabamos . Fomos coa  profe a Alcampo. Tiñamos un orzamento de 200 euros cada un, 600 euros en total.
Ao chegar a Alcampo coñecemos a Rosa, foi a que nos ensinou o hipermercado e guiounos por alí.
Fomos primeiro a ver a sección de xardinería e comprobamos que alí tiñan o que nos facía falta, despois fomos á sección de electrodomésticos; comprobamos o prezo das televisións e as neveiras para comprobar se podiamos compralo tendo en conta o noso orzamento.
Fomos finalmente á sección de alimentos e alí collemos todo o que apuntaramos para os nosos almorzos como o leite e as galletas de froitas que teñen vitaminas. Compramos pasta porque decidiramos facer  macarrones con carne picada , queixo e salsa de tomate. Por último compramos verduras , plátanos, leituga e tomate.
Despois fixemos de caixeiros para pagar cada un/á súa compra e ao final fomos a unha oficina para comer pizza , patacas, galletas convidados polo Hipermercado.
Pasámosnolo/Pasámonolo moi ben, aprendemos moitísimo e gustaríanos volver .

You have no rights to post comments

i n r f p s v t 0 1 2