Música para os oídos

Estes días estivemos rodeados de música grazas á visita ao centro dunha representación da Orquestra Sinfónica de Galicia e outra da Banda de Arteixo. Ademais de gozar dos temas, aprendemos cousas novas sobre os instrumentos e, sobre todo, divertímonos!

 

Novas experiencias nos recreos

Os venres das dúas últimas semanas vivimos experiencias diferentes no tempo de recreo. O pasado venres, Samuel ensinounos como facer unha película con fotos e hoxe creamos unha obra de arte cos sentimentos que nos producía escoitar música. 

Culturizámonos

Ademais de traballar, no Centro Laboral Lamastelle, tamén nos gusta saír e gozar da oferta cultural da cidade. Esta semana fomos ao Palacio da Ópera ao concerto didáctico "Pedro e o Lobo" e visitamos a biblioteca pública da Coruña Miguel González Garcés.

San Valentín

Porque nos encanta amar á nosa parella, aos nosos amigos, aos nosos compañeiros, ás nosas familias... Que viva San Valentín!


Visítannos alumnos de Salesianos

Alumnos de segundo da ESO do colexio Salesianos da Coruña visitaron o Centro Laboral Lamastelle o pasado xoves. Miguel e Juan, entre outros, foron os encargados de ensinarlles o centro e como traballamos nos talleres. 

i n r f p s v t 0 1 2