Saídas e visitas (28/10/2016)

Esta semana, tivemos moito movemento no Centro Laboral Lamastelle. Por unha banda, viñeron visitarnos alumnos do Centro de Formación Castelao e da Escola Europea de Negocios e, por outro, saímos a pasear por Santa Cruz, a facer unha sesión de psicomotricidade a Bastigueiro, a celebrar os aniversarios de Alicia a Sada e a coñecer a casa intelixente e accesible da Fundación ONCE que está estes días en María Pita. O que máis nos sorprendeu é que podes manexar todo co teu móbil ou co teu tablet! E, como non, celebramos o Magosto!!! Deixámosvos un pequeno vídeo das saídas a Sada e Bastiagueiro

You have no rights to post comments

i n r f p s v t 0 1 2