Premio ao Voluntariado
O 29 de novembro, Mari Carmen Fernández e Benjamin Barbadillo viaxaron ata Ourense para recoller o premio honorífico que se outorgou a Aspronaga no Congreso Estatal de Voluntariado.
Queres saber como foi a experiencia?
Mari Carmen cóntanolo!
"Estivo guay porque onte chamáronnos de primeiros e a min tremíanme as pernas.
Benjamín, non sei, pero a min tremíanme as pernas coma se tivese un terremoto debaixo delas, xúrocho.
Non era capaz nin de poder subir as escaleiras pero pasámolo moi ben.
Foi todo moi bonito e enorme, era todo grandísimo! E había moita xente".