Celebramos o Magosto (12/11/2015)

O xoves celebramos o Magosto no noso cole. Dous compañeiros realizaron unha presentación explicando que é a festa do Magosto e fixemos un xogo onde as aulas contestaron a unhas preguntas relacionadas coa presentación. Logo comemos as castañas asadas, que estaban buenísimas, escoitamos música e xogamos a xogos populares: a carretilla, os zancos, tiro ao prato?Tamén viñeron algúns familiares e pasámolo todos moi ben.

Presentámosvos a Leo Veo

Aínda que aínda estamos a organizar a nova Biblioteca Escolar, queremos presentarvos á nosa nova  mascota: o Polbo ?Leo-Vexo?, que foi a gañadora do concurso de mascotas que celebramos o curso pasado e que deseñou a Clase Gris.Tamén publicamos o noso primeiro boletín de Biblioteca, nesta ocasión con divertidas receitas de cociña ambientadas no Samaín. Cada mes farémosvos chegar un novo boletín no que faremos suxestións de libros, recursos e actividades que poidades facer en casa

Artemanía recibe a súa licenza de venda

Esta mañá, a cooperativa "Artemanía" do Cee Ntra. Sra. de Lourdes recibiu de mans do Alcalde da Coruña o permiso de venda para o "Mercado Solidario" que se celebrará no Obelisco o 30 de maio. O presidente da cooperativa, Alejandro López, foi o encargado de dicir unhas palabras no acto no pleno do Concello da Coruña.. Aquí deixámosvolo!"Bos días. O meu nome é Alejandro López e son o Presidente da Cooperativa "Artemanía". Fálovos en nome de todos os compañeiros que formamos a Cooperativa. Somos todo alumnos do Colexio A Nosa Señora de Lourdes-ASPRONAGA. Ao longo deste curso, elaboramos diferentes produtos reciclando distintos elementos como cápsulas de café Nespresso usadas, camisetas, abelorios ou botes de arxila. Con elas, facemos moitas cousas: marca-páxinas, colares, pulseiras, aneis, chaveiros e broches... Cos beneficios obtidos da venda, elixiremos algún premio e faremos unha doazón de parte das ganancias a unha ONG. Mediante o "Proxecto Semente", poñemos en práctica habilidades como o manexo do diñeiro, a motricidade, habilidades sociais e o traballo en equipo. Queremos darlle as grazas ao Concello da Coruña, por permitirnos participar neste proxecto,".

Unha artista na escola

artista escuela

A CLASE AZUL, coa nosa profe PAULA, estamos a participar no proxecto e a artista que comparte o seu tempo connosco é ESTÍBALIZ VEIGA. Estíbaliz é unha actriz á que seguro que todos coñecedes polos seus traballos en televisión e teatro. Ela estivo connosco e falamos de algo moi interesante: O TEATRO. Un actor ou unha actriz, no seu traballo, poden ser moitas persoas e poden ser calquera personaxe: Un astronauta, un bombeiro...

A Clase Lila visitamos o Ágora

Nesta visita realizamos unha ruta turística pola biblioteca. Visitamos as diferentes seccións da biblioteca: bebeteca, zona de ordenadores, zona de música, zona de relax para ver documentais, películas... No mes de marzo realizaremos a segunda visita. Deixámosvos un vídeo da visita.

i n r f p s v t 0 1 2