Charla de sensibilización

Recibimos a Teresa Rubira, na aula LILA, para que nos conte o traballo que realizan na ONG AIRE. 

Más información

Benvido Iago!

Este curso, do mesmo xeito que en anos anteriores, temos a sorte de poder contar cun alumno de INEF que realizará as súas prácticas en Educación Física. Chámase Iago Varela e estará uns cuantos meses no Colexio impartindo clase aos alumnos das aulas Lila e Laranxa. Despois dun período de observación, comezou xa coa intervención, e os mozos están encantados con el. Desde aquí, querémoslle dar a benvida e desexámoslle un estupendo e produtivo período de prácticas, BENVIDO IAGO!!!

Nuevo alumno en prácticas

Proxecto Cóntame: A Tristeza

Seguimos avanzando no proxecto das emocións.E estas últimas semanas, incidimos sobre a TRISTEZA (unha das emocións básicas e que, en moitas ocasións, non sabemos como xestionar). 

Más información

Nova edición LLuvia de Colores

Benvidos ao periódico "Lluvia de colores". Este curso 2016 - 2017 o xornal escolar está formado por un representante de cada aula: da aula amarela Silvia, da aula azul Flopy, da aula vermella Jeray, da aula gris Raúl, da aula lila Noemí, da aula branca Branca, da aula  laranxa Gabriel e  da aula  verde Laura. Ademais hai suplentes para cando os representantes non acudan ao cole e son: da aula azul Sheyla, da aula vermella Joan, da aula amarela Uxía, da aula branca Lorena, da aula gris Antón, da aula lila Laura, da aula verde María Pilar e da aula laranxa Patricia. Esperamos que vos guste o xornal deste ano porque imos contar todas as noticias que ocorra no cole! Estade moi atentos!

Samaín

Un ano máis, terminamos a celebración do Samaín mostrándovos as actividades que fixemos, para conmemorar este día. Ademais, a Clase Branca participamos no concurso de cabazas de papel  coa nosa cabaza "Bruxa Piruxa".A montaxe da cabaza para o concurso foi o culmen dunha actividade que estivemos a preparar durante toda a semana anterior en clase e, cuxo produto, un vídeo-conto realizado con PowerPoint, queremos compartir aquí convosco. Esperamos que vos guste!

 

i n r f p s v t 0 1 2