Visítanos a TVG

Un equipo da Revista de TVG estivo no Ricardo Baró para reflectir o traballo de Carlos como voluntario no centro e coñecernos un pouco máis. Foi un pracer compartir un pouquiño da nosa vida con todos vós. Nosas portas sempre están abertas!

PINCHA EIQUÍ PARA VER A REPORTAXE

Chegan os Reis

Onte viñeron os Reis Meigos ao Ricardo Baró cos seus paxes e os seus camelos. Trouxéronnos uns agasallos moi personalizados que nos gustaron moito. Nótase que nos coñecen ben!

Nadal en Pla y Cancela (11/12/2015)

Onte celebramos a merenda de Nadal na residencia de Pla e Cancela. Viñeron as nosas familias e amigos e merendamos todos xuntos no segundo piso. Despois de encher o estómago, vimos un vídeo e terminamos a tarde cunha panxoliña moi persoal... 

 

¡Asómate á familia do Ricardo Baró! (01/12/2015)

Hoxe queremos abrir unha xanela para que vos asomedes á familia do Centro Ricardo Baró. En moitas ocasións, escoitamos prexuízos sobre a discapacidade intelectual que, na nosa opinión, nada ten que ver coa realidade. Por este motivo, fixemos un resumo, do vivido este ano, no que podedes comprobalo vós mesmos.

i n r f p s v t 0 1 2