I Encontro Programas Inclusivos Fundación Emalcsaa

O 12 de Febreiro,  o Servizo de Lecer de  Aspronaga tivemos o pracer de colaborar na organización do I  Encontro de Programas Inclusivos da Fundación  Emalcsa.

Xunto ás entidades deportivas e culturais que participan no programa, vivimos un intenso mar de emocións no que coñecemos o punto de vista de cada un, as nosas necesidades e as nosas satisfaccións. Todo para crear novas oportunidades para as persoas. Gran grupo, remando nunha mesma dirección! 

Grazas a todos e todas os que participastes e, sobre todo, a  Proxecto Máscaras,  Orillamar,  S.D. Asociación Participa e Escola de Tenis  Marineda por contar as súas experiencias con tanta paixón. Verémonos pronto!!!!

VER TODAS AS FOTOS

Cea Baile 47 Aniversario do Club Finisterre

O pasado 30 de novembro de 2019 celebramos o 47º Aniversario do Club #Finisterre, coa xa tradicional Cea Baile no Hotel Riazor. 
Os socios e socias decidiron entregar, este ano, o Premio do Servizo de Lecer ao Club do Mar. 
Anxo  Garmendia  recolleu o premio e dedicou unhas bonitas palabras a  Aspronaga e os deportistas. 
Deixámosvos todas as fotos e un vídeo resumen da Cea Baile. 

PINCHA NA IMAXE PARA VER TÓDALAS FOTOS

Imos a Luar (31/05/2019)

O venres estivemos en LUAR con Gayoso e o gran Raphael! Bailamos, rimos e aplaudimos ata non poder máis!

Se te perdiches o programa, deixámosche algunhas fotos e vídeos de como o vivimos!

VER TODAS AS FOTOS E VIDEOS DE LUAR

i n r f p s v t 0 1 2