Unha gran familia

O sábado pasado, ao rematar a asamblea, tivemos sesión de fotos grupal. E saíunos esta foto para a historia do club.

Entroido no CLub

Xa hai unha semana que celebramos a festa de entroido no club. Non me digas que a perdiches!! Se é así bótalle unha ollada a este vídeo. Non deixarás de sorrir.

De viaxe no Entroido

Estes Entroido fixemos a maleta e uns fómonos a Lodoselo (Ourense) mentres outros preferiron a calor de Sevilla. Doutra banda, estamos a traballar nunha próxima colaboración co centro das Escravas para que os seus alumnos fagan voluntariado connosco e xa temos un equipo de fútbol sala inclusivo que participará na liga Social organizada por Pai Rubinos. 

Vacacións, premios, deporte e ¡moito máis!

Proximamente, un grupo viaxaremos a Sevilla con Plena Inclusión Galicia e o IMSERSO e outro a Lodoselo para gozar o entroido de Laza, Xinzo e Verín. Doutra banda, estamos a participar nos encontros coa mocidade que organiza o Concello, estamos a crear un equipo de fútbol sala para xogar nunha liga inclusiva organizada por Pai Rubinos, fomos a patinar sobre xeo na pista máis grande de Galicia, estivemos en Santiago con Javi para recoller o seu premio do concurso de cartóns de Nadal de Plena Inclusión Galicia e, por último, finalizamos o proceso de mediación para que dúas persoas participemos, de maneira inclusiva, nos adestramento de patinaxe das escola Radeansa. Como vedes, non paramos!

¡ Equipazo ! (11/12/2015)

Xa podemos disfrutar das fotos do partido que o noso equipazo de baloncestos xogou o 21 de novembro contra os nosos amigos de As Burgas.

2015 Ligas SOG Baloncesto. As Burgas

i n r f p s v t 0 1 2