Asprofinde 15-17/04/2016

Que ben nolo pasamos o #asprofinde. O sábado comezou co equipo de fútbol sala camiño a Monforte para xogar un partido con Prodeme. Os deportistas das escolas deportivas pasaron a mañá poñéndose en forma. O domingo o equipo de natación viaxou a Narón para participar na xornada de natación da liga Norte. Os voluntarios e voluntarias colaboraron na carreira C42 e para finalizar fomos de concerto a ver a Sweet California.

Vacacións en Quiroga

En Semana Santa estivemos en Quiroga de vacacións. Foi unha gran experiencia!! Neve, festas, termas, karts, ferias, visitas turísticas, sendeirismo e moito máis....

21º Xogos Minoritarios (09/04/2016)

Este sábado, un grupo de deportistas de Aspronaga participamos nos 21º Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios. Este ano celebrouse en Santiago e competimos en Petanca, Bádminton, Tenis de Mesa e Probas Adaptadas.

Deportistas de Aspronaga en los 21º Xogos de Deportes Minoritarios

Asprofinde deportivo e musical

Este fin de semana comezamos cos preparativos do festival de baile do Club Finisterre. Por fin comezaremos a liga social de fútbol sala. Será o sábado ás 17 en en pavillón Francisco Javier. E como non nos cansamos do fútbol iremos a Riazor para animar ao Depor. A por a primeira vitoria do 2016!! O grupo Quedamos sairá este sábado para dalo todo no karaoke. E seguiremos poñéndonos en forma nas escolas deportivas. Feliz #asprofinde a todas e todos!!

Minicopa do Rei

Gran fin de semana para o baloncesto en Coruña. Xogou o Leyma Basquet Coruña, celebrouse a Copa do Rei e nós estivemos na Minicopa do Rei.

i n r f p s v t 0 1 2