O soño de estar con Rafa Nadal

Aínda que se fixo esperar, por fin chegou o momento e recibiunos cun sorriso o gran tenista español Rafa Nadal. Sacámonos unhas fotos con el. Entregámoslle o libro e o chaveiro conmemorativo de Aspronaga. Mostrouse moi próximo en todo momento, tanto no noso recibimento como logo na entrevista, contando o seu afán de superación... Non foi a típica entrevista, se non que era todo moi campechano e natural.

Un Día de Cine

O pasado luns, os actores e actrices de "Calcetin(e)s" e "Máscaras" demos unha Masterclass de cinema a alumnos de 6º de primario do colexio Calasancias. Isto é só o principio dun emocionante proxecto.. Estade moi atentos!!!!

Postal do Servizo de Ocio

Postal gañadora do concurso de Postais do Club Finisterre. Parabén Julia!!

Pase de "Calcetíns"

O venres 16 de Decembro inaugurouse DiversidArte no Bâ Bâ Bar. Dentro deste proxecto fixemos un pase da curta "Calcetíns" o 22 de Decembro na Consentida Food & Soul. Fomos os protagonistas e respondemos a moitas preguntas sobre o noso traballo como actores. 

i n r f p s v t 0 1 2