¡Xogamos ao Rugby!

O pasado luns, xogadoras do Club de Rugby Arquitectura Técnica A Coruña (C.R.A.T) viñeron a Lamastelle a ensinarnos a xogar ao TAG RUGBY (rugby sen contacto). Nós pasámolo en grande descubrindo un deporte novo e divertido e elas... ¡tamén!. Según as súas propias palabras, ¡cambiarían as súas medallas de ouro por xogar con nós e vernos sorrir!

20º Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios

O pasado sábado, fomos a xogar a bádminton, petanca, tenis de mesa e probas adaptadas con outras asociacións nos 20º Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios en Riazor. Eu levei a bandeira galega con Baña e Ramón Canosa no acto de inauguración. Despois falou Roberto que dixo o xuramento de Special Olympics: "Quero gañar, pero se non o consigo, deixádeme ser valente no intento". Tamén cantou o Coro de Aspronaga el Himno Gallego e falaron o presidente de Aspronaga, o presidente de Special Olympics, o concelleiro de Deportes do Concello da Coruña, Fran Mourelo... despois da inauguración fun a outro pavillón a xogar ao bádminton. Xoguei dous partidos e gañei un. Foi moi bonito porque nunca xoguei tan emocionante como este ano, aínda que non houbo moito público. Só os que xogabamos e punto. Gustaríame que para o ano veña máis xente a vernos porque así nos animan. E tamén que veña máis prensa.

Eva Fernández

Asprofinde

Este fin de semana fixemos moitas cousas! No club, preparamos regalos para os Pepes e as Pepas e un grupo de nós asistiu á Xornada de Técnicos de Special Olympics, na que o noso compañeiro, Manuel Paz, foi moderador. Deixámosvos o resumo do asprofinde en imaxes.

i n r f p s v t 0 1 2