Por unhas pinzas cheas este Nadal

Campaña Solidaria Ricardo Baró 2015

Por terceiro ano consecutivo, o Centro Ricardo Baró pon en marcha a súa campaña solidaria a favor da Cociña Económica. Así, se queres unirche a esta iniciativa podes entregar alimentos non perecedoiros, alimentos infantís, cueiros infantís, produtos de aseo e hixiene e xoguetes en perfecto estado en calquera dos centros e servizos de Asrponaga. Úneche ao Ricardo Baró e colabora para que as familias sen recursos teñan as súas pinzas cheas estas festas! (Entrega ata o 18/12/2015)

Ademais, xa están á venda no centro as rifas para a Cesta de Nadal e o Calendario do Ricardo Baró 2016.

 

¡Ao abordaxe!

El Centro Ricardo Baró volve a carga coa celebración dos cumpreanos dos mozos. Nesta ocasión,¡¡ cunha gran festa pirata!!

O Ricardo Baró no 2014

Os deixamos os vídeos que resumen todas as actividades que fixemos no 2014 e, en especial, as divertidas excursións a moitos lugares. Esperamos que vos gusten, para nós,¡¡¡ foi un bo ano!!!!

Abre os ollos e... ¡disfruta!

Síguenos ao mundo do Centro Ricardo Baró, abre os ollos e disfruta das cousas boas que ten a vida porque... no noso fogar... ¡non hai nada imposible!!!!

¡Viva o deporte!

Este mes, os compañeiros do Ricardo Baró celebramos os aniversarios de maio ao grande, cunha festa sobre os deportes. Tivemos de todo, dende as nadadoras do equipo de sincronizada ata o mesmo Gervasio Deferr, pasando por Djokovic e Nadal. E como non... afeccionados do Depor festexando a permanencia do equipo en primeira división.

i n r f p s v t 0 1 2