Cumpreanos terrorífico!

O CRB  celebrou os aniversarios deste mes cunha festa terroríficamente divertida de Samaín. Click no vídeo se te atreves!! Muajajajjajajaj 

Programa de inverno

O Centro Ricardo Baró empeza as súas actividades de lecer da época invernal. Este ano propoñémonos potenciar o lecer deportivo, para iso xa demos os nosos primeiros pasos participando na Andaina de 3km de Sada, na Carreira de Obstáculos do Enki e na Carreira Alternativa da Coruña. E coas pilas cargadas para nosa III Carreira popular.

Pero, non é todo, no noso Proxecto Invernalia queremos levar a cabo dúas rutas de sendeirismo mensuais que levarán a cabo a partir de Xaneiro. Será a nosa preparación para a realización do Camiño de Santiago no mes de Maio. Tampouco podemos esquecer a parte lúdica ou festiva polo que a última semana do mes, salvo excepcións como en decembro, levaremos a cabo o cumpreanos temático. Xa está a se preparar o de outubro dedicado ao Samaín.

E despois de tanto deporte e tanta festa, hai que descansar polo que algunha viaxe faremos como o fin de semana en Lodoselo, a parte cultural tamén é importante. Só queda destacar o mes de Decembro como o mes especial do centro porque as actividades suspéndense para dar paso ao gran acontecemento "A representación teatral", o día en que todos os usuari@s son famosos artistas e dano todo no escenario.Este é basicamente o esquema do noso proxecto que levará a cabo entre os meses de Outubro a Maio, aos poucos, iremos concretando as diversas actividades tanto lúdicas e culturais, como as deportivas. 

A MOVERSE QUE O FRÍO NON NOS PARA!!!!!!!!

Carrera Alternativa

O Domingo 23 de Outubro, fomos á " Carreira alternativa a favor das persoas con dano cerbral adquirido" Ciriaco, Jose Fontela, Óscar, Fernando e acompañáronnos Lucía Montalvo e Leticia Mouzo. Aínda que chovía decidimos ir igual, nin a choiva nin outras cousas podran coas nosas ganas de movernos!!!! Como lles pasou aos nosos compañersos no Enki tampouco estivemos sós, acompañaronnos coidadores, enfermer@s, terapeuta, logopeda, Chispa e familias coas súas nen@s. Reunímonos tod@s na Praza de Mª Pita onde ía ser a saída. Puxémonos todos en posición e a persoa que disparou, e deuse por comezada a carreira, sobresaía entre todos xa que era Fernando Romay e coas súas 2' 13 de alto era fácil visualizalo.

Comezamos a andar pero ao pouco tempo emocionámonos o grupo enteiro e comezamos a correr, cando nos demos conta  xa nos encontrabamos na praza Pontevedra, o tíñamos chupao!!!! pero comezou a chover, e a chover moi forte , co cal descansamos, un case nada, nos soportais, e decidimos que no canto de facer toda a carreira, ibamos a tomar unha pequena alternativa pola rúa Real. Iso si, cando chegamos xa había xente que acabase a carreira. De todos os xeitos cruzamos a meta entre un gran aplauso e cunha gran emoción. Ao chegar déronnos augas e coca-colas.  Despois fixémonos fotos con grandes deportistas: Romay e Andres Díaz. Outro día máis, pero diferente a outros. 

Os Unicarneir@s en Enki

@s Unicarneir@s do Centro Ricardo Baró saímos o domingo en manada para participar na III Carreira pola Integración ENKI. Pasámosnolo xenial e agradecemos á Fundación María José Jove ,Fundacion Abrente e ao EnkiProyecto o seu gran labor. Aquí podedes ver un resumo da nosa gran carreira!  Arre Unicarneir@s !!!!!

Carreira Enki (16/10/2016)

Levabamos varios días que ás  nosas coidadoras déuselles por facer disfraces de "unicarneir@", notabámolas inquietas, entusiasmadas, pero iso se, sempre con alegría ante este novo proxecto.Por fin chegou o día, o 16 de Outubro fomos á carreira ENKI, Jose Jimenez, Domingo,Alba, Quique, Charo, Ismael, Ta, Javier Fraga, Graciela , levantámonos, duchámonos e almorzamos antes que normalmente . Vestímonos para a carreira , cada un co noso disfrace de "unicarneir@". Acompañáronnos Adela, Lucía López, Yago (psicólogo) e Marta (Logopeda).Polo camiño embargábanos certo nerviosismo, pero cal foi nosa sorpresa ao chegar ??? que non estabamos sós!!!!!!, na Praza de Portugal esperábanos unha recua de unicarneir@s!!!!!!!!Eran nosas coidadoras, D.U.E, médico,logopeda, terapeuta, coas súas familias, amigos.... fixemos un bo equipo!!!!!!Gozamos a lume de biqueira!!!! non nos importou arrastrarnos, mancharnos..... máis que unha carreira era unha festa, polo menos iso é o que se palpaba no ambiente. Moitas grazas !!!!!!!!! 

i n r f p s v t 0 1 2