Cookies

Lecer e inclusión

O lecer é unha parte moi importante da nosa vida.
 
Aquí desfrutamos do noso tempo libre, facemos actividades que nos gustan e compartimos momentos con outras persoas.
 
Eliximos que queremos facer, probamos cousas novas e participamos na comunidade.
 
Porque o lecer tamén é un dereito.

Servizo de Lecer

Servizo de Lecer

O Servizo de Lecer de Aspronaga leva toda unha vida creando oportunidades para que ao redor de 200 persoas con discapacidade intelectual teñamos acceso ao lecer e ao deporte.