Quen somos
ASPRONAGA (Asociación de Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) é unha entidade benéfica e de Utilidade Pública que agrupa aos pais e familiares de persoas con discapacidade intelectual.
O noso fin último é acadar unha maior e mellor calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e está inspirado nos principios de normalización, autonomía e integración social.
ASPRONAGA forma parte do movemento asociativo articulado en Galicia pola FADEMGA-Plena Inclusión Galicia e, no ámbito estatal por Plena Inclusión. Entre os recoñecementos públicos recibidos a longo da nósa traxectoria destacan o Premio do Parlamente Europeo Euroescola (2001), a Medalla de Prata de Galicia (1999) e a Medalla de Ouro ao Mérito Social do Concello de A Coruña (2012).
A NOSA MISIÓN
Contribuir a mellorar a calidade de vida de cada persoa con discapacidade intelectual e a súa familia mediante a prestación de apoios e a reivindicación dos seus dereitos.Benestar Emocional, Relacións Interpersonais, Benestar Material, Desenvolvemento Persoal, Benestar Físico, Auto Determinación, Inclusión Social, Dereitos.









