A Xunta eloxia a iniciativa 'FP Adaptada'

13.02.2023 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou, o pasado venres, o proxecto 'FP Adaptada', "unha iniciativa pioneira en favor da inclusión educativa" do Centro de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes-Aspronaga e do Centro Integrado de FP Paseo das Pontes. Tal e como destacou o propio conselleiro, trátase dunha proposta que ofrece a seis alumnas con necesidades educativas especiais obter un certificado oficial de profesionalidade que lle levará a ter "máis posibilidades de inclusión na sociedade en xeral e no mercado laboral en particular".

Román Rodríguez tamén puxo o foco no proxecto "polo seu impacto no conxunto da comunidade educativa dos dous centros". No caso do Centro de Educación Especial, explicou, anima aos alumnos para fixarse novas metas, a observar a experiencia positiva dos compañeiros; mentres que para o resto de estudantes do Paseo das Pontes estes alumnos son un exemplo de esforzo e superación do que aprender".

Esta iniciativa concreta busca que seis alumnos do CEE Nosa Señora de Lourdes con necesidades educativas especiais maiores de 16 anos obteñan un certificado de profesionalidade en operacións básicas de pastelería.

Para iso, como primeiro paso, os alumnos reciben formación curricular adaptada no CEE, competencias que se reforzan despois nas instalacións do CIFP Paseo das Pontes, completando un total de 330 horas de formación. O programa inclúe tamén 80 horas adicionais de prácticas en empresas.

A formación desenvólvese durante dous cursos, tras os que os estudantes conseguen o certificado, que os capacita para traballar como reposteiros, #pasteleiro ou traballadores na elaboración de caramelos e doces, entre outras ocupacións.

 FP Adaptada

i n r f p s v t 0 1 2