Benvidos/as ao equipo de Aspronaga

Desde o 9 de decembro, Aspronaga conta no seu equipo con nove novos profesionais de diferentes disciplinas, grazas ao Programa de Cooperación 2022 da Xunta de Galicia destinado a Entidades Sen Ánimo de Lucro. Os programas de cooperación son instrumentos a través dos cales se ofrece ás persoas demandantes de emprego unha oportunidade para adquirir a experiencia laboral que lles poida facilitar a súa futura inserción no mercado de traballo.

Para iso, Emprego Galicia concede, cada ano, subvencións destinadas a financiar a contratación de persoas desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social, en colaboración coas entidades locais ou coas entidades privadas sen ánimo de lucro con centros de traballo en Galicia.

Estes programas de apoio cumpren así unha dobre función: Melloran a empregabilidade das persoas contratadas, a través da adquisición de experiencia na súa categoría profesional, e realizan tarefas e servizos de utilidade social e de interese para a comunidade..

¡Benvidas/os!

i n r f p s v t 0 1 2