¡Benvidas/os ao equipo de Aspronaga!

Desde o 22 de decembro,  Aspronaga conta no seu equipo con nove novos profesionais de diferentes disciplinas, grazas ao Programa de Cooperación 2021 da Xunta de Galicia destinado a Entidades Sen Ánimo de Lucro.  Os programas de cooperación son instrumentos a través dos cales se ofrece ás persoas demandantes de emprego unha oportunidade para adquirir a experiencia laboral que lles poida facilitar a súa futura inserción no mercado de traballo.


Para iso, Emprego Galicia concede, cada ano, subvencións destinadas a financiar a contratación de persoas desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social, en colaboración coas entidades locais ou coas entidades privadas sen ánimo de lucro con centros de traballo en Galicia.

Estes programas de apoio cumpren así unha dobre función: Melloran a empregabilidade das persoas contratadas, a través da adquisición de experiencia na súa categoría profesional, e realizan tarefas e servizos de utilidade social e de interese para a comunidade.

Benvidas/os!

Profesionales Plan Cooperación 2021

i n r f p s v t 0 1 2