Reunión Xunta Reitora (15/12/21)

17.12.2021. O pasado mércores, tivo lugar unha reunión ordinaria da Xunta Reitora de Aspronaga, baixo a Presidencia do seu titular, D. Nicanor Álvarez, para tratar distintos temas relacionados coa marcha xeral da Asociación.

Orzamentos , Plans e Asamblea 

Nesta reunión a Xunta deu o visto e prace á formulación
do orzamento e o Plan de Actuación de  Aspronaga para o exercicio 2022.
A Asemblea Xeral de Socios e Socias de  Aspronaga
decidirá se se aproban ambos os documentos 
na reunión do mércores 22 de Decembro ás 17.30 h. 

Ademais, a Xunta estudou a marcha económica do  Aspronaga ao 30 de setembro de 2021.

Altas e baixas

Apróbase o alta dos novos socios/ as de  Aspronaga que se incorporaron durante ao ano 2021.

Ademais, doutra banda, faise oficial a baixa de Alberto Vidal  Arán
como membro da Xunta Reitora,
a quen se lle agradece os seus moitos anos de entusiasta
dedicación á Xunta Directiva de  Aspronaga. 

Nombramentos

Nómbrase aos membros que participarán por Aspronaga nas UDS e
Comisións de FADEMGA para os anos 2021-2025, sendo o siguiente: 

Comisións 2021-25

Comisión de Calidade: Lucía Barral.
Comisión de Transporte: José Pan.
Comisión de Irmás/ns e Curmás: Alberto Vidal.
Comisión de Inversións: Juan Fontela. 
Comisión Xurídica: Álvaro Martínez.
Comisión de Xerencias: Juan Fontela. 
Comisión Asesora de Presidencia: Elías Palacio. 

UDS 2021-2025

UDS Educación: Patricia Freire.
UDS Persoas con grandes necesidades de apoio: Antonio Naya.
UDS Persoas con Autismo e Parálisis Cerebral: Lúa Bretón.
UDS Autonomía Persoal e Dependencia: Sandra Espada.
UDS Centros Ocupacionais: Lisa Matos.
UDS Emprego: Rubén Mateos.
UDS Residencias e Mini Residencias: Fernanda Pérez.
UDS Vivenda e Pisos Tutelados: Iago Graña. 
UDS de Familias: Isabel Pedreda. 

i n r f p s v t 0 1 2