Todas Baixo o Mesmo Paraugas

03.12.21 As entidades sociais da Coruña reunímonos esta mañá na Praza de María Pita para conmemorar o Día Mundial das Persoas con Discapacidade.  Como cada ano, sacamos os nosos paraugas ás rúas para esixir a igualdade, en dereitos e oportunidades, para todas as persoas.

Grazas á alcaldesa, Inés Rey,  e a toda a corporación municipal do Concello da Coruña e a Gonzalo  Trenor, delegado da Xunta de Galicia,  por acompañarnos neste día.

E por suposto  Grazas a Miguel,   Helen,   Mila, David e Patricia que foron os encargados de ler  o manifesto e trasladar as demandas das persoas con discapacidade.

Nesta ocasión, debido á pandemia, o aforo foi reducido pero, como sempre,  Aspronaga estivo moi presente no acto coa asistencia de Nicanor Álvarez e Juan  Fontela, presidente e xerente da entidade e David, África e Jose en representación de todas persoas con discapacidade intelectual de  Asrpronaga.

PINCHA NA IMAXE PARA VER TODAS AS FOTOS E VIDEOS

Baixo O Mesmo Paraugas 2021

i n r f p s v t 0 1 2