Reunión Xunta Reitora
12.05.2021. Esta tarde, tivo lugar unha reunión ordinaria da Xunta Reitora de Aspronaga baixo a Presidencia do seu titular, D. Nicanor Alvarez, para tratar distintos temas relacionados coa marcha xeral da Asociación.
Na Xunta, o presidente de Aspronaga informou
sobre as reunións que Aspronaga tivo coa Consellería de Educación,
a Consellería de Política Social e a Deputación dá Coruña.
Coa Consellería de Educación falamos temas importantes para o colexio
como os convenios de comedor e transporte e a Formación Profesional.
A Consellería de Política Social actualizou o convenio de transporte no Centro de Día e Centro Laboral.
A Deputación da Coruña dará ao Centro Ricardo Baró unha furgoneta nova adaptada.
Doutra banda, a Xunta Reitora propuxo a revisión dos Estatutos de Aspronaga
para que as persoas con discapacidade intelectual poidan ser socios de número da Asociación e teñan voz e voto na Asemblea.
Acordos da Xunta Reitora
A Xunta Reitora de Aspronaga aprobou as contas do ano 2020
e convocou a Asemblea Xeral de Socios para o 22 de xuño ás 17.30 h
Informe de Comisións
A Comisión de Comunicación, Participación e Renovación Asociativa
está a traballar nunha aplicación para o móbil para comunicarnos mellor entre todos.
Tamén propuxo facer un "Equipo de Benvida" para acompañar ás persoas que cheguen novas á Asociación.
A Comisión Económica presentou as contas dos tres primeiros meses do 2021.
Outros temas
Alberto Vidal informou dun proxecto chamado " Asprotienda".
É unha idea para que o Centro Laboral Lamastelle venda produtos por internet.
Familias de Aspronaga están a traballar nesta idea para ver se se pode facer.
Autoxestores
Juan Otero participou, como representante do Grupo de Autogestores, ao comezo da Xunta Reitora.
Juan informou á Xunta que se fará unha Asemblea ao mes para coñecer a opinión dos compañeiros do Centro Laboral Lamastelle.
Ademais, contou que necesitan ter unha mellor tecnoloxía e arranxar partes do centro que están en mal estado.
As persoas que viven nas residencias tamén fixeron as súas achegas.
Algúns temas que lles preocupan son que en Pla e Cancela hai pouco persoal,
e que se se estraga algo, queren que se arranxe rápido.
Na Casa de Lamastelle piden que se controle a entrada da leira
para que non entren descoñecidos a pasear con animais.
Por último, Juan animou á participación de compañeiros do Colexio, Lecer e Centro Ricardo Baró para que a Xunta Reitora tamén coñeza a súa opinión.
Juan Fontela, xerente de Aspronaga, informa ao Grupo de Autoxestores dos temas que se falaron na Xunta Reitora.