Aspronaga rende homenaxe a todas as persoas da Asociación polo vivido durante o COVID19

16.07.2020 Esta tarde,  16 de xullo, coincidindo co acto estatal, a Asemblea de Socios de  Aspronaga rendeu homenaxe a todas as persoas de  Aspronaga por todo o vivido, desde o peche do Centro Ocupacional e Centro de Día  Lamastelle, o 11 de marzo de 2020, por un caso positivo en  Covid19. 

Foron e seguen sendo momentos moi duros para toda a familia de  Aspronaga e, con este acto, quíxose tanto homenaxear ás persoas con discapacidade intelectual, familiares, profesionais, socios e voluntarios pertencentes á Asociación que sufriron a enfermidade do COVID-19 e, nalgúns casos, perderon a vida; como recoñecer aos profesionais o seu traballo, esforzo e dedicación durante a pandemia. 

Así, o presidente de  Aspronaga, Nicanor Álvarez, foi o encargado de descubrir a estatua homenaxe que permanecerá na sede da Asociación. Esta estatua, realizada por Alfonso Patiño, un traballador do Centro Laboral  Lamastelle, representa, en palabras do autor, como “o 11 de marzo o  Covid19 o mundo de  Aspronaga cambaleouse e, grazas a todas as persoas da entidade, conseguimos endereitalo”. 

Ademais, no marco da celebración da Asemblea e a conmemoración, proxectouse “ Aspronaga, a Historia dunha Familia”, vídeo que recolle testemuñas en primeira persoa sobre como se viviu a pandemia do  Covid19 en  Aspronaga desde diferentes puntos de vista: persoas infectadas, familias, profesionais, etc…

“Caos, Loita, Cambio, Aprendizaxe. 

Esta é a nosa historia durante a crise do Covid19.

Unha historia inimaxinable, de dor, superación e forza. 

Isto é Aspronaga, a Historia dunha Familia”.

 En la Asamblea de Socios, celebrada ayer, también se han presentado y aprobado las cuentas la Memoria de Actividades de Aspronaga y las Cuentas Anuales del 2019.

La reunión tuvo lugar con todas las medidas de seguridad e higiene necesarias como toma de temperatura, mascarillas, gel hidroalcohólico, etc… Además, se transmitió por videoconferencia para los socios y socias que no podían acudir presencialmente. 

i n r f p s v t 0 1 2