El CEE Lourdes, premiado no certame Proxectos Espaciais Cansat

17 de Junio de 2020. Esta mañá, comunicáronnos que o equipo " RockSpace" do Cee Lourdes gañou o 2º premio na categoría "competencias profesionais" na fase galega do certame "Proxectos Espaciais  Cansat". O colexio de  Aspronaga foi o único centro de educación especial que participou este ano, xunto a outros 13 centros de educación secundaria, neste proxecto que ten como obxectivo a simulación real dun satélite integrado nun volume e forma similar ao dunha lata de refrescos. 

A organización premiará a todo o equipo cun diploma acreditativo e un kit de  ESERO  Spain para todo o Cee Lourdes.

O certame  CanSat

O desafío para os estudantes consiste en introducir nun espazo reducido os principais subsistemas dun satélite real. O CanSat (do inglés can, lata; e sat, satélite) lánzase cun foguete ata unha altitude aproximada dun quilómetro e, a partir de aí, comeza a misión práctica: conseguir a execución dun experimento científico, logrando unha aterraxe sen danos e a análise de datos recompilados durante o descenso.

A edición 2020 de  CanSat  está organizada por  Esero  España, proxecto de educación da Axencia Espacial Europea (ESA) xestionado polo Parque das Ciencias de Granada; e a Fundación   Ibercivis para o fomento da ciencia cidadá, e conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía,   FECYT, do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Equipo RockSpace del Cee Lourdes

i n r f p s v t 0 1 2