As Marionetas gañan o AsproCarnaval 2020

O pasado 21 de Febreiro, celebramos o  ASPROCARNAVAL. Un día no que todas as persoas de  Aspronaga unímonos para celebrar ao grande esta festa tan nosa.

Despois de degustar un saboroso chocolate con churros, empezou o gran desfile no que todos os grupos  carnavalescos luciron os seus orixinais e moi traballados disfraces. Tras unha longa deliberación do xurado "As Marionetas" do Centro de Día de  Lamastelle conseguiron o premio ao mellor disfrace. O premio consiste nun vale por 300 euros para realizar unha actividade de lecer. 

Chocolate con churros, desfile, premios,  laconada e taller de filloas, Non hai que chorar que A vida é un entroido! 


VER TODAS AS FOTOS 

 

i n r f p s v t 0 1 2