Moita diversión e emoción na oitava Festa de Familias de Aspronaga

Oleiros, 20.09. 2019. Foi o oitava pero una das máis divertidas e emocionantes. A Festa de Familias de Aspronaga volveu reunir a máis de 600 persoas entre usuarios con discapacidade intelectual, familiares, traballadores e voluntarios de todos os centros e servizos de Aspronaga.

 

Desde as once da mañá, os asistentes tiveron a oportunidade de participar en xogos tradicionais, inchables, touro mecánico, conducir Karts, ir ao cinema ou gozar dunha especial sesión vermouth, amenizada pola “ Lilicleta”. Unha vez máis, veteranos do Depor como Elduayen, Deus, Miguel Filgueira, Carlocho ou Chema quixeron mostrar o seu apoio ás persoas con discapacidade intelectual e participaron nun partido de fútbol moi rifado do que todos saíron vencedores. O deporte e o baile deron paso a unha gran comida ao aire libre e a unha animada verbena amenizada polo dúo “Alba e Selu”. Á celebración contou coa asistencia de autoridades como Fabiola García, conselleira de Política Social e Belén Taboada, concelleira de Servizos Sociais de Oleiros. Durante a súa intervención, Fabiola García comunicou ás familias a adxudicación, por parte da Xunta de Galicia, de 15 prazas públicas de residencia para Aspronaga e encomiou o papel dunha entidade “querida por todos”. Entidades como Pescanova, Hijos de Rivera, Mudanzas Hércules, Tansvialia, Concello de Oleiros, Fornos Lamastelle, e Panadería Román puxeron o seu granito de area formando parte, así, desta gran familia.

PINCHA NA IMAXE PARA VER TODAS AS FOTOS E VIDEOS DA 8ª FESTA DE FAMILIAS DE ASPRONAGA

i n r f p s v t 0 1 2