Aspronaga celebra o 42º Festival da Canción
Un total de 21 agrupacións e solistas competiron o 21 e 28 de outubro por ser un dos gañadores do 42 Festival da Canción de Aspronaga. Os artistas subíronse ao escenario ante a crítica mirada do xurado e o numeroso público asistente, que vive con gran ilusión e entusiasmo este importante evento para a gran familia de Aspronaga.
Como xa é tradición, os socios e socias do Club Finisterre foron os encargados de facer todos os decorados ademais de elixir o tema sendo, este ano, Caperucita Vermella a protagonista do teatro. Durante o último mes, dedicaron os sábados para preparar decorados, vestiario e a ensaiar as súas actuacións construíndo, co apoio dos voluntarios, un espazo único. O Festival da Canción é organizado polo Servizo de Lecer de Aspronaga e conta coa colaboración de Gadis, Escola de Tenis Marineda, Coca-Cola, Deportivo da Coruña, Naker, Clínica da Sen Sib, Tourgalia, Barbería Boutique Mábaka, Superpapelería e colexio Compañía de María.