Seis deportistas do Ricardo Baró representan a Galicia nos Xogos de Special Olympics Reus 2016

Unha delegación galega formada por 6 deportistas con discapacidade intelectual, usuarios do Centro Ricardo Baró (ASPRONAGA), e 3 monitores, representarán á Comunidade de Galicia nos Special Olympics 2016, do 23 ao 27 de novembro en Reus (Tarragona). Historicamente, os usuarios do Centro Ricardo Baró veñen participando en todas as edicións dos Encontros Nacionais de Probas Motrices.

Jesús Campos, José Francisco Díaz, José Jiménez,  Graciela Menéndez, José Antonio Viquendi e José Manuel Queiruga,serán os 6 deportistas que participarán nestes xogos acompañados polos seus monitores Olaya Pacín, Lucía Montalvo e Jorge Paz, xunto á Delegada Laura Aldrey.  Os 6 participarán na modalidade de Probas Motrices, unhas probas deseñadas como Programa de adestramento para persoas cun nivel de discapacidade intelectual severo, que non lles permite beneficiarse dos Programas regulares de adestramento e competición de Special Olympics. 

Os Xogos de Special Olympics - Reus 2016 acollen a máis de 800  deportistas, ademais de 200 adestradores, 500 voluntarios e membros da organización, procedentes de numerosos puntos do territorio español, así como de dez países europeos, ademais de Marrocos e Shanghái. Os xogos contan con seis modalidades deportivas: natación, baloncesto (feminino, masculino e unificado), tenis, pádel, ximnasia rítmica e probas motrices, unha modalidade deportiva exclusiva destes Xogos.

 

i n r f p s v t 0 1 2