Maxia para persoas máxicas

Un total de corenta persoas con discapacidade intelectual do Centro Laboral Lamastelle e do CEE Nuestra Señora de Lourdes tiveron, esta semana, a oportunidade de converterse en grandes aprendices de magos.

Así, grazas á iniciativa da Fundación Abracadabra, o mago "Vituco" foi o encargado de encher ambos os centros de ilusión cun taller de dúas horas de duración e senllas grandes galas para todo o público, no que os aprendices tiveron un importante papel. Durante o taller, os incipientes magos recibiron un "kit máxico" e aprenderon varios trucos cos que deixar aos seus amigos e familiares coa boca aberta. E quen sabe... nunca se sabe onde vai aparecer a maxia...

VER GALERÍA DE FOTOS

i n r f p s v t 0 1 2