Celebramoso Entroido por todo o alto

Gústanos disfrazarnos e, por suposto divertirnos, así que vivimos o pasado Entroido ao grande!. O venres tivemos festa de disfraces no Centro Laboral Lamastelle e no CEE Nosa Señora de Lourdes e, o sábado, desfilamos cos Kilomberos de Monte Alto na Coruña. Xa é o quinto ano que acompañamos aos nosos amigos. Esta vez fomos de tribo africana e, grazas a que a choiva nos deu un respiro, gozámolo moitísimo!!! Ademais, gañamos o quinto premio a vestiario e coreografía! Deixámosvos a mostra do ben que o pasamos. 

 

You have no rights to post comments

i n r f p s v t 0 1 2