IncluyeTIC finalista do concurso InspiraTIC

A sorte está botada. Onte, Felo e Gabriel, profesor e alumno do CEE Ntra. Sr.a de Lourdes, defenderon o proxecto IncluyeTIC ante o xurado do concurso InspiraTICs da Fundación Amancio Ortega e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. O próximo día 10 daranse a coñecer os gañadores.

Este proxecto, elixido entre os dez finalistas, consiste na introdución da robótica educativa e conceptos de programación usando os kits de LEIGO WeDo e os robots BeeBot, Thymio, Escornabot e Edison, especialmente para o alumnado con diversidade funcional dende a perspectiva da súa inclusión na nova sociedade dixital. O obxectivo é iniciar o alumnado no universo da robótica e impresion 3D, con robots adaptados á súa idade, cos que traballar tamén as emocións e aprender conceptos técnicos de programación dende o traballo cooperativo.

i n r f p s v t 0 1 2