Grupo Nós
No ano 2010, no Centro Ricardo Baró, inicia a sua andadura o Grupo “Nós”, un grupo de familiares que se reúnen, nas instalacións do Centro, co obxectivo de compartir intereses comúns e cohesionar a relación entre as familias.
Dende os seus inicios ata a actualidade, o Grupo Nós non cesou na sua actividade, reuníndose unha vez ao mes e organizando eventos de interese coma talleres de aprendizaxe, impartidos, xeralmente, polo experto en Intelixencia Emocional, Gustavo López Béhar.