Escola de Nais e Pais

As familias do CEE Ntra. Sra. de Lourdes estamos convencidos de que, mellorando os nosos coñecementos, actitudes e capacidades coma pais, nais e familiares de persoas con discapacidade intelectual melloramos a sua calidade de vida e aprendemos a apoialos mellor no seu progreso a unha maior autonomía e inclusión social. Así, fomarmos parte da Escola de Nais e Pais cos seguintes obxectivos:

A) PERSOAIS
Recibir información sobre o ámbito da discapacidade.
Mellorar os coñecementos, actitudes e capacidades coma pais, nais e familiares de persoas con discapacidade.

B) GRUPAIS:
Compartir experiencias e coñecementos.
Establecer vínculos de relación con outros pais.

C) ASOCIATIVOS:
Animar aos pais a ser membros activos na Asociación.
Implicalos no proceso de integración e normalización dos seus fillos.


ACTIVIDADES

As actividades que realizamos recollen tres aspectos:

A) Aspectos de Formación: traballo con vídeos, debates, charlas con expertos.
B) Aspectos de Relación: traballos en grupo, intercambio de experiencias e aplicacións prácticas na vida de cada un.
C) Aspectos Festivos: merenda-café.


TEMAS A TRATAR

- Educativos, de saúde, de prevención, de actualidade e interese para as familias.

- Temas suxeridos polo grupo.


METODOLOXÍA 

Escola de  Nais e Pais MetodoloxíaAs reunións poden ter varios formatos:

- Reunións con expertos sobre temas de interese xeral.
- Reunión mensual de hora e media.
- Exposicións curtas e diálogo.
- Pódenser realizar grupos, debates charlas-coloquio, etc.
- Emplearase unha metodoloxía activa, grupal e participativa


DESTINATARIOS

Pais, nais e familiares  que desexen adicar un tempo a formarse e compartir experiencias en relación á discapacidade do seu fillo.

Se estas interesado en formar parte da Escola de Nais e Pais do CEE Ntra. Sra. de Lourdes chama ao 981251188 ou envía un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

i n r f p s v t 0 1 2