Comisión de Atención Hospitalaria
No ano 2006, inicia, no Centro Ricardo Baró, a sua actividade a Comisión de Hospitalización, A partir do diálogo xurdido na Asamblea Anual de Familias, plantéxase o problema do coidado do usuario con discapacidade intelectual gravemente afectado, en caso de hospitalización. Especialmente, o trastorno que supón para as familias atender as 24 horas do día ao seu familiar hospitalizado.
Por elo, no mes de setembro, organízase unha Reunión de pais monográfica, da que xorde a proposte de: “facer unha aportación mensual co fin de crear un fondo que permita sufragar os gastos resultantes da contratación de persoal de asistencia, preferentemente procedente do Centro Ricardo Baró.
Coma órgano de control, elíxese a un grupo de pais que se encargarán de xestionar este tema: a “Comisión hospitalaria”.