Voluntarios
Moitas das actividades que realiza Aspronaga, en especial o Servizo de Ocio, serían irrealizables sen a presenza, desinteresada, dos voluntarios.
Arredor de 70 persoas colaboran anualmente con Aspronaga.
ASPRONAGA pretende fomentar a autodeterminación das persoas con discapacidade intelectual e promover a sua inclusión social, e o voluntariado é unha ferramenta esencial para conseguir estes dous obxectivos.
Para ASPRONAGA o voluntariado é:
O conxunto de persoas que, no marco dunha entidade, comprométense de forma libre e altruista a desenvolver accións programadas que contribuen á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as suas familias.
Persoa voluntaria en ASPRONAGA é aquela que:
Comprométese de maneira libre e altruista co obxectivo de transformar ou cambiar a situación dun colectivo que vive en condicións de desvantaxe social
O PAPEL DO VOLUNTARIADO EN ASPRONAGA
A persoa voluntaria presta apoios en calidade de vida, que son sustancialmente diferentes aos apoios dun profesional: aporta relacións personais, sensibilización. .. O voluntariado é un valor engadido que se brinda ás persoas dende as persoas: non dende os servizos. O obxectivo da acción voluntaria e contribuir a que o proxecto de vida da persoa con discapacidade se desenvolva en contextos de igualdade social:
- fomentando a súa autodeterminación e potenciando sa suas capacidades, sendo fundamentais no proceso de empoderamento.
- estableciendo unha relación significativa con ela,
- facilitando a sua inclusión social.
Para prestar apoios con calidade, as persoas voluntarias deben coñecer cales son necesidades e demandas das persoas con discapacidade intelectual. O voluntariado debe ser “experto en persoas” e coñecer cales son las aspiracións e os desexos de aquelas que van a apoiar, as suas capacidades e limitacións, cales son os valores que teñen que dirixir a sua acción e os principios éticos que debe desenvolver, así coma coñecer os dereitos das persoas con discapacidade.
PERFIL XENÉRICO DO VOLUNTARIADO
Calquera persoa pode colaborar voluntariamente con ASPRONAGA Para elo son necesarias as seguintes aptitudes e actitudes.
Aptitudes:
- Experiencia: a requerida no proxecto.
- Habilidades de relación e traballo en equipo.
- Disponibilidade de tempo requerido no proxecto de intervención.
- Condicións psíquicas: equilibrio emocional, madurez psicolóxica.
- Empatía: Poñerse en el lugar de cada persoa e identificar as suas necesidades e expectativas.
Actitudes:
- Compromiso para levar a cabo a sua acción voluntaria nas condicións acordadas.
- Identificación cos valores organizacionales.
- Confidencialidade e discreción.
PROXECTOS CON PARTICIPACIÓN DO VOLUNTARIADO
1. Ocio. Acompañamento e apoio a Persoa con Discapacidade Intelectual ou do Desenrolo (PCDIoD) no seu tempo libre.
- Viaxes e vacacións.
- Deportes.
- Ocio compartido.
- Actos culturais.
- Actividades lúdicas.
- Ocio de residencias.
2. Formación Permanente. Apoio a PCDIoD en sesións para a aprendizaxe e mantemento de habilidades e destrezas para a vida diaria.
- Desenvolvemento de sesións de formación permanente.
3. Emprego. Apoio ás PCDI do Centro Laboral Lamastelle.
- Colaboración no centro laboral.
4. Planificación e xestión. Apoio no Servizo de Ocio para o desenvolvemento das actividades.
- Reunións de planificación.
- Tarefas de xestión e organización.