Socios
En Aspronaga, adquirimos o compromiso de elevar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual. Con este fin, a asociación recolle nos seus Estatutos a figura de socio colaborador, que pode contribuir á nosa misión de duas maneiras diferentes:
- Financiando PROGRAMAS ESPECÍFICOS e concretos (accesibilidade, integración social, autonomía persoal, autoxestión, ocio, deporte, etc...)
- Coñecéndonos e DIVULGANDO o noso traballo, os nosos fins e a nosa filosofía entre persoas da súa contorna que poidan ser, á súa vez, COLABOLADORES destes programas.
A cambio, o socio colaborador recibirá información sobre a actividade de Aspronaga e GOZARÁ de:
- O recoñecemento dos Poderes Públicos, ao poder disfrutar de importantes beneficios fiscais por as aportacións que efectúe.
- A satisfacción persoal de participar nunha tarefa solidaria.