Familias
276 familias son socios de número de Aspronaga. Os socios de número reúnense dúas veces ao ano, en sendas asambleas, nas que se lles informa, debátense e vótanse as decisións que afectan a Aspronaga.
Aspronaga mantén unha comunicación fluida coas familias, mantendo un contacto permanente, atendendo as súas necesidades e fomentando as visitas e a convivencia en centros e residencias. Como evento especial e para fortalecer estos lazos, cada ano, en setembro, celébrase a Festa de Familias, na que se reúnen máis de 600 persoas.
Ademáis, en cada centro e/ou servizo os profesionais ofrecen ás familias apoio, orientación e seguemento, ante as súas diferentes necesidades, demandas e/ou dificultades.