Quen Somos

Centro Laboral Lamastelle

 

Quen Somos

O "Centro Laboral Lamastelle" está formado por un Centro Ocupacional e un Centro de Día para persoas adultas con discapacidade intelectual. Administrativamente, son dous centros diferenciados, con diferentes permisos de funcionamiento e distintos contratos coa Administración Pública.

Na práctica, os usuarios de ámbolos centros manteñen unha relación moi estreita e comparten moitas actividades e servizos, en función das suas demandas e necesidades. Por este motivo, ámbolos centros comparten tamén o mesmo Sistema de Xestión de Calidade, e as melloras e proxectos que del se derivan repercuten tanto no Centro Ocupacional como no Centro de Día.


CENTRO OCUPACIONAL LAMASTELLE

Centro Ocupacional LamastelleO Centro Ocupacional Lamastelle e un centro especializado de estancia diurna destinado a proporcionar atención integral a persoas con discapacidade intelectual con necesidades de apoio límite e intermitente que, polas suas características precisan unha atención persoal para potenciar hábitos de vida diaria, así como actividades capacitadoras e terapéuticas, de formación ocupacional e de desenvolvemento de habilidades personais e sociais.
Está dirixido a usuarios maiores de 18 anos que teñan recoñecido un grao de minusvalía igual ou superior ao 33% polos Equipos de Valoración e Orientación, sen necesidad de axuda de terceira persoa.


CENTRO DE DÍA LAMASTELLE

Centro de Día LamastelleO Centro de Día Lamastelle e un centro especializado de atención diurna destinado a proporcionar atención integral e coidado a persoas con discapacidade intelectual con necesidades de apoio extenso e/ou en situación de dependencia, que polas súas características precisan de un apoio persoal para realizar as actividades básicas da vida diaria e dunha rehabilitación continua e especifica, tanto dende o punto de vista psíquico como físico, para mellorar as suas capacidades e promocionar a súa autonomía persoal.

Está dirixido a adultos que teñan recoñecido un grao de minusvalía igual ou superior ao 75% polos Equipos de Valoración e Orientación, con necesidade de axuda de terceira persoa, ademais de ter recoñecida a situación de dependencia e resolto o seu correspondente P.I.A (Programa Individual de Atención) no que se contemple a asignación deste recurso.


CALENDARIO

O centro permanece aberto todos os días, de luns a venres, salvo festivos e un mes de vacacións.

HORARIOS

• Xornada de inverno: de 9:00 a 17,30 h.
• Xornada de verán: de 8.30 a 14 h (do 21 de Xuño ao 20 de setembro).
Este horario compleméntase con actividades extra-laborais e de ocio que se deselvolven nunha contorna comunitaria e no servizo de ocio de ASPRONAGA.

INSTALACIÓNS

O Centro Laboral Lamastelle está ubicado na finca de Lamastelle (Montrove, Oleiros) e conta coas seguintes instalacións:

CENTRO OCUPACIONAL:

- 4 Talleres Laborais (de encadernación e manipulados e envasados de produtos diversos).
- Cuartos de baño con duchas.
- Oficinas e despachos para tratamentos.
- Almacén de materias primas e produtos.

CENTRO DE DÍA:

- 8 Aulas-Unidades (5 de elas no novo edificio).
- Cuartos de baño adaptados con duchas e dotados das axudas técnicas necesarias.
- Oficina e despacho para tratamentos.
- Sala de descanso.
- Sala de curas.

INSTALACIÓNS COMPARTIDAS POR CENTRO OCUPACIONAL E CENTRO DE DIA:

- Recepción
- 1 Cociña e Comedor con capacidade para 215 persoas
- 1 Sala de usos múltiples
- 3 Salas para actividades de desenvolvemento persoal e social
- Despachos
- Taller de mantemento
- Espacios ao aire libre: porches, xardíns e pista deportiva

Ademais, ambos utilizan as seguintes instalacións do Centro "Ricardo Baró":
- Enfermería
- Ximnasio(zona de rehabilitación/fisioterapia)

 

Instalacións Compartidas

i n r f p s v t 0 1 2