A maqueta de Cidade Xardín

Ao longo de varios meses e como tiñamos programado, desde principio de curso, elaboramos unha maqueta da Cidade Xardín. O proxecto no que englobabamos este produto final, titulabámolo: O MEU REDOR co obxectivo principal de coñecer a contorna máis próxima ao colexio. A partir de aquí, desenvolvemos actividades nas que traballamos diferentes habilidades para fomentar a autonomía na rúa:

Localizar as placas cos nomes das rúas.Afianzar e xeneralizar a aprendizaxe dos números, así como os pares e impares, observando os das casas e/ou edificios máis importantes da Cidade Xardín.
Practicar as normas de educación viaria.
Orientarnos nas rúas coa axuda dun mapa,etc.
Pero non só foron estes os obxectivos para conseguir, senón que:Xeneralizamos a lectura ás placas das rúas e nomes dos edificios: hospitais, escolas infantís, colexios, bancos, etc.Empregamos as TICS: coa tablet sacaron as fotos dos nomes das rúas (que despois editaron na aula) e co computador, fixeron as cuadrículas cos números das casas, as nomes das rúas, as imaxes dos edificios máis importantes, imprimírono e plastificaron para, posteriormente, pegar na maqueta).


Maqueta de Ciudad Jardín

You have no rights to post comments

i n r f p s v t 0 1 2