Bádminton e Atletismo con amigos

O día 12 de Abril, a clase Verde acudiu ao colexio Sae Lence a desenvolver unha sesión de inciación ao bádminton cos alumnos de 6º de Primaria. Tamara, encargouse de levar a cabo o quecemento previo á actividade, e fíxoo fenomenal. Despois dunha serie de xogos de presentación e destrezas coa raqueta e o volante, xogamos por parellas un partido de bádminton. Pasámolo fenomenal, e agradecemos ao profe e aos alumnos de Sal Lence, o estupendamente que nos trataron. Seguro que repetimos!!! Ademais, O pasado martes 19, alumnos da clase Verde compartiron unha sesión de xogos de Atletismo, con alumnos de 3º de ESO do Colexio Eirís. As actividades realizadas gustaron moito e fomentaron a socialización entre centros. Os nosos mozos pasárono fenomenal e puideron poñer en práctica as aprendizaxes previas. Como nos trataron tan ben e gustounos tanto ir, estamos seguros de repetir a experiencia o próximo curso. Moitas grazas a David e aos seus alumnos, por compartir connosco unha mañá tan deportiva.
Sesión de bádminton en Sal Lence

Sesión de atletismo en Eiris

You have no rights to post comments

i n r f p s v t 0 1 2