Programa de inverno

O Centro Ricardo Baró empeza as súas actividades de lecer da época invernal. Este ano propoñémonos potenciar o lecer deportivo, para iso xa demos os nosos primeiros pasos participando na Andaina de 3km de Sada, na Carreira de Obstáculos do Enki e na Carreira Alternativa da Coruña. E coas pilas cargadas para nosa III Carreira popular.

Pero, non é todo, no noso Proxecto Invernalia queremos levar a cabo dúas rutas de sendeirismo mensuais que levarán a cabo a partir de Xaneiro. Será a nosa preparación para a realización do Camiño de Santiago no mes de Maio. Tampouco podemos esquecer a parte lúdica ou festiva polo que a última semana do mes, salvo excepcións como en decembro, levaremos a cabo o cumpreanos temático. Xa está a se preparar o de outubro dedicado ao Samaín.

E despois de tanto deporte e tanta festa, hai que descansar polo que algunha viaxe faremos como o fin de semana en Lodoselo, a parte cultural tamén é importante. Só queda destacar o mes de Decembro como o mes especial do centro porque as actividades suspéndense para dar paso ao gran acontecemento "A representación teatral", o día en que todos os usuari@s son famosos artistas e dano todo no escenario.Este é basicamente o esquema do noso proxecto que levará a cabo entre os meses de Outubro a Maio, aos poucos, iremos concretando as diversas actividades tanto lúdicas e culturais, como as deportivas. 

A MOVERSE QUE O FRÍO NON NOS PARA!!!!!!!!

i n r f p s v t 0 1 2