Carreira Enki (16/10/2016)

Levabamos varios días que ás  nosas coidadoras déuselles por facer disfraces de "unicarneir@", notabámolas inquietas, entusiasmadas, pero iso se, sempre con alegría ante este novo proxecto.Por fin chegou o día, o 16 de Outubro fomos á carreira ENKI, Jose Jimenez, Domingo,Alba, Quique, Charo, Ismael, Ta, Javier Fraga, Graciela , levantámonos, duchámonos e almorzamos antes que normalmente . Vestímonos para a carreira , cada un co noso disfrace de "unicarneir@". Acompañáronnos Adela, Lucía López, Yago (psicólogo) e Marta (Logopeda).Polo camiño embargábanos certo nerviosismo, pero cal foi nosa sorpresa ao chegar ??? que non estabamos sós!!!!!!, na Praza de Portugal esperábanos unha recua de unicarneir@s!!!!!!!!Eran nosas coidadoras, D.U.E, médico,logopeda, terapeuta, coas súas familias, amigos.... fixemos un bo equipo!!!!!!Gozamos a lume de biqueira!!!! non nos importou arrastrarnos, mancharnos..... máis que unha carreira era unha festa, polo menos iso é o que se palpaba no ambiente. Moitas grazas !!!!!!!!! 

i n r f p s v t 0 1 2