A Xunta abre as listas reservadas para persoas con discapacidade intelectual

20.11.2020 Fademga Plena Galicia informa que O Servizo Galego de Saúde abriu o prazo de inscrición de aspirantes nas listas de selección temporal de persoal estatutario da categoría de celador/a, polo sistema de acceso reservado a persoas que acrediten una discapacidade intelectual.

As solicitudes poderanse formalizar desde o día 16 de novembro de 2020 ata o 15 de decembro de 2020, ambos incluídos.
Poderán inscribirse as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

-Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea.

-Ter cumpridos os 16 anos.

-Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven dos nomeamentos.

-Non ter sido separado/a do servizo mediante expediente disciplinario de calquera Administración pública nin estar inhabilitado con carácter firme.

-Estar en posesión de certificado de escolaridade ou equivalente.

-Acreditar unha discapacidade intelectual e o grao de discapacidade global recoñecido deberá ser igual ou superior ao trinta e tres por cento.

 

Para ampliar información:

https://www.sergas.gal/Recursos-Humanos/CELADOR_DISC_INTELECTUAL

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201113/AnuncioG0003-281020-0001_gl.html

https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365?langId=es_ES

 

Para calquera consulta agradeceríamos que se puxesen en contacto nos seguintes números de teléfono ou a través das seguintes direccións de correo:

981566676  Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

988391352  Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

982265436  Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

986373612  Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

981913632  Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

 

i n r f p s v t 0 1 2