Aspronaga es ti!

Contigo, somos mellores. Participar é construír xuntos unha sociedade máis xusta e inclusiva
O noso compromiso
En Aspronaga cremos nunha participación real.
Queremos que as persoas:
- Sexamos escoitadas
- Podamos decidir
- Formemos parte activa da sociedade
Participar é un dereito.
E tamén é a mellor forma de construir unha sociedade mais xusta e inclusiva.
Como se organiza Aspronaga
Aspronaga é unha Asociación de familias sen ánimo de lucro.
Organízase para que as personas poidan participar e tomar decisións.
Os principais espazos de participación son:
-
Asemblea Xeral
É o espazo onde as persoas socias toman as decisións mais importantes.
-
Xunta Reitora
Está formada por personas elexidas polas persoas socias. Encárgase de dirixir a Asociación.
-
Equipos profesionais
Apoian no día a día e no desenrolo dos servizos.
-
Grupos de participación
Espazos onde as personas poden opinar, propoñer ideas e participar activamente.
Como participamos
En Aspronaga participamos de moitos xeitos:
- Dando a nosa opinión
- Propoñendo ideas
- Participando en reunións e grupos
- Formando parte de órganos de decisión
- Colaborando en actividades
A participación pode ser diferente en cada momento, pero todas as formas son importantes.
Personas Socias de Número
As persoas socias son unha parte fundamental de Aspronaga.
Son quenes forman a Asociación e participan nas decisións mais importantes.
Que fan as persoas socias
- Participan na Asemblea Xeral
- Votan e toman decisións
- Poden formar parte da Xunta Reitora
- Propoñen ideas e melloras
Como participar
E moi imporante formar parte de Aspronaga como persoa Socia de Número.
A Asociación é a base que sustenta a tódolos servizos da entidade.
Ser persoa Socia de Número é ter voz, decidir e participar no futuro das persoas con discapacidade intelectual e súas familias.
Familias
As familias son unha parte moi importante de Aspronaga.
Acompañan, participan e aportan a súa experiencia para mellorar os apoios e os servizos.
Como participan as familias
- Formando parte da Asociación
- Participando en reunións e espazos de diálogo
- Aportando ideas e propostas
- Colaborando en actividades
O noso obxectivo
Queremos que as familias se sintan escoitadas, acompañadas e parte activa da Asociación.
Voluntariado
O voluntariado é unha forma de participar e colaborar con Aspronaga.
As persoas voluntarias aportan o seu tempo, os seus coñecementos e as súas ganas de participar.
Que fai o voluntariado
- Participa en actividades
- Apoia en proxectos
- Comparte tempo coas persoas
- Colabora na vida da Asociación
Que ofrece o voluntariado
- Unha experiencia enriquecedora
- Aprendizaxe e participación
- Formar parte dun proxecto social
- Contribuir a unha sociedade mais inclusiva
Se queres ser voluntario ou voluntaria, ponte en contacto con nós.
Persoas Socias Colaboradoras
As persoas socias colaboradoras son persoas que apoian a Aspronaga a través dunha aportación económica.
Non forman parte da Asamblea nin teñen que estar vinculadas directamente coa Asociación, pero a súa colaboración é moi importante.
Quenes son
Son persoas que queren contribuir a mellorar a calidade da vida das persoas con discapacidade intelectual.
Comparten os nosos valores e apoian o noso traballo.
Que aportan
- Unha colaboración económica periódica
- Apoio ao desenvolvemento de proxectos e servizos
- Impulso para seguires crecendo como Asociación
Grazas a súa colaboración, podemos seguir ofrecendo apoios e creando oportunidades.
Como participar
Se queres colaborar con Aspronaga, podes facerte persoa socia colaboradora.
O teu apoio axúdanos a seguires construindo unha sociedade más inclusiva.









