Terapia con animais (06/09/2016)

Hoxe temos uns amigos de catro patas moi especiais pasando connosco a mañá no Centro de Día. Grazas a Centro Canino De Montegatto por darnos a oportunidade de coñecer e acariñar a Fusco e Venus. Encantounos a experiencia!!!!

Guiñoles no Centro de Día (23/05/2016)

Hoxe tivemos o gran pracer de gozar no Centro de Día de Lamastelle da actuación do grupo de monicreque, "A Tarara", do Centro de Maiores Afundacion da Coruña. Grazas a todas e en especial a Mercedes, nai do noso compañeiro Antonio, por representarnos de forma tan orixinal e divertida "O cangrexo voador".

Unha visita moi especial (19/05/2014)

Esta mañá tivemos unha visita moi especial. Cincuenta alumnos de sexto de Infantil do CEIP Portofaro viñeron a Lamastelle porque unha traballadora do Ricardo Baró é a nai dunha das nenas e, así, todos os seus compañeiros de clase coñeceron Aspronaga. Non só viñeron de visita, compartiron connosco exercicios nas unidades e botáronnos unha man co traballo nos talleres. E alucinaron cando viron a David ler en Braille! Ademais, con motivo do Día dás Letras Galegas regaláronnos dúas caixas cheas de preciosas palabras. 

Visita de alumnos del CEIP Portofaro

Traballo con inxenio

Os talleres de Lamastelle temos un novo traballo de manipulado: forrafáciles para libros. Temos que dobrar varios para embolsalos. Como era complicado que quedasen todos dobrados da mesma maneira tivemos unha idea, suxeitalos con pinzas da roupa!. Está a resultar todo un éxito...

Recreos molones...

Que che gusta facer no teu tempo libre? Ver unha peli ou un concerto, bailar, facer deporte, navegar por internet, xogar ao futbolín, pasear... Así son os nosos descansos do traballo molones!
Recreos en el Centro Laboral Lamastelle

i n r f p s v t 0 1 2