Vacacións, premios, deporte e ¡moito máis!

Proximamente, un grupo viaxaremos a Sevilla con Plena Inclusión Galicia e o IMSERSO e outro a Lodoselo para gozar o entroido de Laza, Xinzo e Verín. Doutra banda, estamos a participar nos encontros coa mocidade que organiza o Concello, estamos a crear un equipo de fútbol sala para xogar nunha liga inclusiva organizada por Pai Rubinos, fomos a patinar sobre xeo na pista máis grande de Galicia, estivemos en Santiago con Javi para recoller o seu premio do concurso de cartóns de Nadal de Plena Inclusión Galicia e, por último, finalizamos o proceso de mediación para que dúas persoas participemos, de maneira inclusiva, nos adestramento de patinaxe das escola Radeansa. Como vedes, non paramos!

i n r f p s v t 0 1 2