España tínguese de verde pola #Plenainclusión (01/10/2015)

plena inclusion Mañá, 2 de outubro, España tinguirase de verde cun obxectivo común: a plena inclusión das persoas con discapacidade intelectual. Aproveitando a presentación da nova identidade de Feaps, varios monumentos e edificios de todo o país iluminaranse de verde. En Galicia, iluminaranse a Torre de Hércules e a Cidade da Cultura. 

Por este motivo, Feaps anímache a poñer o teu perfil na redes sociais de verde por unha #Plenainclusión  e engadir  unha mensaxe que diga algo como Me puxen verde pola #Plenainclusión" para que todo o mundo saiba o motivo e entre na etiqueta. Xunto a iso, mañá, convidan a todo o mundo a que se faga UN SELFIE POLA #PLENAINCLUSION", diante do edificio ou monumento máis próximos iluminados de verde e compártana en redes sociais coa citada etiqueta.

 

i n r f p s v t 0 1 2