A Xunta abre as listas reservadas para persoas con discapacidade intelectual

20.11.2020 Fademga Plena Galicia informa que O Servizo Galego de Saúde abriu o prazo de inscrición de aspirantes nas listas de selección temporal de persoal estatutario da categoría de celador/a, polo sistema de acceso reservado a persoas que acrediten una discapacidade intelectual.

Eleccions Xerais. Documentos de apoio.

O Servizo de Lecer de Aspronaga elaborou estes documento de apoio para exercer o dereito a #voto este domingo. Conteñen información básica sobre os partidos políticos que presentan a súa candidatura. Esperamos que vos poida ser útil!

Plan de Garantía Xuvenil

Desde o pasado setembro,  Aspronaga conta con 3 novos profesionais, grazas ao programa de Cooperación @de la Xunta de Galicia para entidades sen ánimo de lucro "Garantía  Xuvenil" 2018-2019. 

Curso de Técnicas para Mellorar o Benestar

Plena inclusión organiza un Curso Online dirixido a familiares sobre TÉCNICAS PARA MELLORAR O BENESTAR

A QUEN VAI DIRIXIDO

A nais, pais, irmáns/as adultos/as, avós/as cun familiar con discapacidade intelectual que queira mellorar os seus niveis de Benestar. Poden participar familiares de todos os recunchos de España, co único requisito de dispoñer dun computador con conexión a internet e correo electrónico.

Pernord Ricard celebra o día de Responsabilidade Social con Aspronaga

Esta mañá,  Pernord  Ricard Adegas celebrou con  Aspronaga o  "Día da Responsabilidade Social". Baixo o lema "Comparte a túa arte", pintamos todos xuntos barricas de viño para dar renda solta á nosa creatividade e crear pezas únicas. Desde o noso " Aspronaguito", ata acios de uvas pasando pola Torre de Hércules, como podedes ver:  auténticas obras de arte!!!. Desde fai sete anos, o 1 de xuño os traballadores de  Pernord  Ricard Adegas dedican este día a accións de voluntariado. 

A Xunta convoca as primeiras oposicións para persoas con discapacidade intelectual

A Xunta de Galicia convocou o pasado 7 de marzo as primeiras oposicións para persoas con discapacidade intelectual, tal como aparece publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG). O DOG recolle a convocatoria de oposicións para a cobertura de seis prazas de persoal subalterno, e será a primeira dirixida ao colectivo da discapacidade intelectual que realiza a Xunta de Galicia en toda a súa historia.

i n r f p s v t 0 1 2