O colexio de Aspronaga participa ne feria Zientzia Azoka de Bilbao.

Dez estudantes e 4 docentes do Centro de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes- Aspronaga participan, este sábado 11 de maio, na feira Zientzia Azoka, que se celebrará na Praza Nova de Bilbao. O centro de Aspronaga expoñerá, nesta feira científica de gran prestixio, os produtos de apoio que elaboran coa impresora 3D e realizarán unha práctica con impresora e computador na que fabricarán unha férula personalizada.

A presenza do colexio de educación especial coruñés en Bilbao é grazas ao premio conseguido polo centro na Open Science Cambre, celebrada o pasado setembro. Por aquel entón, o xurado destacou “A creatividade, a capacidade comunicativa e a paixón dos participantes da caseta” ao outorgar o premio ao “Mellor experimento”, na categoría de “Científicos Novos” de Educación Secundaria, aos alumnos con discapacidade intelectual do CEE Nosa Señora de Lourdes - Aspronaga.

Más información sobre a feira
https://zientzia-azoka.elhuyar.eus/es

You have no rights to post comments

i n r f p s v t 0 1 2