Tenistas con discapacidade intelectual participan na Escuela “Más que tenis” da Fundación Rafa Nadal

Baixo o emblema da Fundación Rafa Nadal, 25 tenistas galegos con discapacidade intelectual participan nas Escolas de Tenis para persoas con discapacidade promovidas por esta Fundación, un proxecto impulsado en colaboración con Special Olympics España e que forma parte do Programa autonómico de actividades deportivas que organiza cada ano Special Olympics Galicia.

15 deportistas da entidade de CON ELES e 10 da entidade coruñesa de ASPRONAGA, conforman este proxecto que vai moito máis alá do deporte. Da man de Special Olympics España, promove a práctica do tenis entre mozos con discapacidade intelectual, o que lles permite mellorar tanto aspectos físicos como psíquicos, emocionais e sociais. Precisamente, a oportunidade de facer amigos e coñecer xente nova é un dos aspectos que mellor valoran os novos tenistas.

Os beneficios que achega a práctica regular de actividades deportivas están máis que demostrados e son coñecidos por todos. Co deporte, a nosa saúde vese reforzada e mellora en moitos aspectos, tanto físicos, psíquicos como socioefectivos. En persoas que sofren algún tipo de discapacidade intelectual, a achega do deporte é tamén evidente, en forma de integración social, interacción entre compañeiros ou mellora da autoestima, así como en moitos outros ámbitos fundamentais.

Para unha persoa con discapacidade intelectual, as sensacións positivas que proporciona marcar un gol, mellorar no manexo da raqueta ou bater unha marca son decisivas para reforzar e incidir nos aspectos persoais e sociais máis fundamentais.  Ademais, practicando a actividade en grupo ou nun equipo poténcianse e incrementan estes beneficios, ao podelos compartir e experimentar xunto a outros compañeiros.

i n r f p s v t 0 1 2